Ata o 4 de setembro estará aberta no Centro Cívico, en Xove, a exposición fotográfica Xove 360º, na que se poden ver 45 imaxes dos doce participantes.

Ata o 4 de setembro estará aberta no Centro Cívico, en Xove, a exposición fotográfica Xove 360º, na que se poden ver 45 imaxes dos doce participantes.
 
Este sábado, 15 de agosto, inaugurouse na Sala de Exposicións do Centro Cívico a exposición fotográfica Xove 360º.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado polos fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de Xove 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola oitava edición. O título escollido este ano foi “Encontros”, que expresa moi ben o variado contido da mesma.
A temática da exposición  foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
En total a exposición está conformada por 45 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 12 fotógrafos. 
Os participantesson: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Ignacio Garijo, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Javier Villares, José Emilio Gómez e Luis Vivas.
A exposición estará aberta ata o 4 de setembro en horario de 11 a 13:30 polas mañás e de 18 a 22 horas polas tardes. A entrada á exposición nesta ocasión é pola porta principal do Salón de Actos do Centro Cívico.