A nova edición das Xornadas de Historia Local de Ribadeo estarán dedicadas á pegada da vila na literatura. Son xa trece as edicións deste evento organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A proposta deste ano desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas os días 30 e o 31 de xullo. Na xornada do xoves 30 o profesor Suso Fernández Acevedo pronunciará a conferencia Ribadeo na literatura.
Ao día seguinte, 31 de xullo, tres autores debaterán nunha mesa redonda sobre a presenza da vila na súa escrita. Os participantes serán Carmen Blanco, Xavier R. Baixeiras e Santiago Jaureguizar.