As tapas ecolóxicas, preparadas pola hostalaría focense, poderán degustarse nunha vintena de locais os días 29 e 30 de abril. Organiza: CCA de Foz.

As tapas ecolóxicas, preparadas pola hostalaría focense, poderán degustarse nunha vintena de locais os días 29 e 30 de abril. Organiza: CCA de Foz.
 
Os días 29 e 30 de abril preto dunha vintena de locais hostaleiros de Foz servirán tapas ecolóxicas. Esta nova cita gastronómica está organizada polo Centro Comercial Aberto. 
 
Os locais participantes son: Bar 78, Acuario, Mayros, Anduriña, Casa Maño, Portovello, Fraggle Rock, Marexada, O Paseo, O Rincón do Mis, A Viela, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, Fina, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 
 
Desde a directiva de Acia/CCA de Foz sinalan que “o obxectivo é dar a coñecer os produtos ecolóxicos que temos nesta zona, na Mariña luguesa. Queremos promocionar este novo modelo de negocio que hai na nosa comarca, onde se cultivan patacas, pementos, tomates e outras verduras, legumes e froitas ecolóxicas, sen esquecernos do noso peixe e da exquisita carne”.  
 
O Centro Comercial Aberto anima “a achegarse a Foz a vindeira fin de semana para saborear as propostas que atoparán na nosa hostalería e que serán cociñadas con moito esmero, coma sempre”.