A XXV Festa do Ourizo celebrarase en San Ciprián o 12 de marzo. O programa de actividades inclúe un showcooking.

A XXV Festa do Ourizo celebrarase en San Ciprián o 12 de marzo. O programa de actividades inclúe un showcooking.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta tarde a presentación do cartel da XXV Festa do Ourizo, que se celebrará o vindeiro 12 de marzo. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares, a concelleira de Turismo, Manuela Méndez, a concelleira de Cultura, Dolores García, e representantes da hostalaría local.
 
Nesta festa de interese turístico galego participarán os seguintes establecementos hostaleiros: Pizzería O Trasgo, Cervexaría Nordesía, Telvi’s Place, A Cerve, Pizzería A Sombriza, Bar Maruxaina, Cervexaría Las Titas, Restaurante Boavista, Restaurante O Noso Lar e Mesón A Bodega. 
 
O programa de actividades da XXV Festa do Ourizo, que se dará a coñecer proximamente,  inclúe a celebración dun showcooking. 
 
O evento está organizado polo Concello de Cervo, que conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de San Ciprián e co patrocinio de Turismo de Galicia, da Xunta, e da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián.