O 22 de outubro celébrase en O Vicedo a XIII Festa do Chicharro. A degustación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar na carpa instalada a carón da Casa da Cultura.
O menú está composto de chicharros, pan e patacas por un prezo de 2 euros. Non inclúe a bebida.
O evento, que será amenizado con música, está organizado pola ACIA de O Vicedo e colaboran o Concello de O Vicedo, Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea.