A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "A viaxe á fin do mundo" de Manuel Rodríguez. Será o 22 de xaneiro na Libraría Bahía, en Foz.

A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "A viaxe á fin do mundo" de Manuel Rodríguez. Será o 22 de xaneiro na Libraría Bahía, en Foz.
 
A asociación cultural A Pomba do Arco, no seu afán por dar a coñecer a nosa cultura, vai presentar en Foz, o venres día 22, ás 20.30 na libraría Bahía o libro de Manuel Rodríguez titulado A viaxe á fin do mundo, editado pola editorial Bolanda.
O autor Manuel Rodríguez é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Realiza o seu traballo na Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dende o ano 1992. Anteriormente estivera traballando en medios de comunicación da Mariña, O Progreso, A Voz de Galicia, Antena 3 Radio de Galicia
A súa obra literaria está enfocada cara as súas dúas pasións: O mundo xacobeo e o mundo da radio. Sobre esta última pasión publicou no ano 2003 un libro titulado Noticias de Galicia na radio de fin de século.
Sobre o mundo xacobeo ten publicados un gran número de artigos periodísticos e varios libros entre os que destacamos Os Camiños de Santiago en Galica (2004), Santiago de Compostela para peregrinos (2014). Tamén é autor e coordinador da Gran Enciclopedia del Camino de Santiago (2010), unha obra que consta de 18 volumes.
No acto tamén participará o periodista Xosé María García Palmeiro.