A festas patronais de Morás, en Xove, celébranse os días 20 e 21 de maio.

A festas patronais de Morás, en Xove, celébranse os días 20 e 21 de maio.
 
Os días 20 e 21 de maio celébranse en Morás, no concello de Xove, as Festas Patronais.
 
O venres, dia 20, ás 20:00 horas haberá misa solemne na honra de San Antón e a Virxe do Carme, cantada polo Coro Interparroquial de Xove. De seguido terá lugar a procesión ata o Portiño amenizada polos gaiteiros de Saiñas. Ás 22:30 horas será a gran verbena coa actuación da orquestra Acordes e o DJ Chente.
 
O sábado, día 21, ás 12:30 horas haberá misa solemne no Portiño e subida da procesión ata a igrexa parroquial amenizada polos gaiteiros de Saiñas. Ás 14:00 horas será a sesión vermouth coa orquestra Los Españoles. Ás 22:30 horas haberá gran verbena coa actuación das orquestras Los Españoles e Costa Dorada.