A Carreira Popular de Reis de Barreiros terá lugar o 3 de xaneiro. A proba volve desputarse grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Esta nova edición será a prol de Unicef.

A Carreira Popular de Reis de Barreiros terá lugar o 3 de xaneiro. A proba volve desputarse grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Esta nova edición será a prol de Unicef.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co representante de Egovarros e da Federación Galega de triatlón e organizador da proba, Paco Rodríguez, así coma cos representantes de UNICEF Chus Maseda, de ACIA Barreiros Xesús Seivane e José Carlos Díaz colaborador da organización da proba, participaron na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros de 2.016, levada a cabo no campo de fútbol Cascabeiro e na Lagoa dos Patos de Barreiros.
Esta nova edición terá lugar o vindeiro 3 de xaneiro e o escenario da saída e da chegada será o campo de fútbol Cascabeiro. A partires das 11:00 comezarán as probas infantís, para as 11:45 dar a saída da categoría adulta que percorrerá a través da xeografía mariñá 12.000 metros. Dende a categoría pitufo ata a cadete a participación será de balde, a partires desta categoría as inscricións teñen un custe de 6 euros, que irá a parar integramente a entidade UNICEF, neste senso o responsable de Deporte da Deputación salientou que “logo de recuperar a proba  no 2015, conséguese dar un novo impulso e facer que este evento deportivo e de lecer sexa tamén un acto solidario”. Antonio Veiga indicou que “desde a Deputación apostamos por este tipo de iniciativas deportivas populares que abranguen desde os máis novos ata os adultos sen límite de idade, axudando a democratizar o deporte e logrando que sexa accesible a toda a cidadanía”. 
A data límite de inscrición será o vindeiro 29 de decembro de 2015, e os participantes poderán recoller os seus dorsais o propio día da proba entre as 09:30 e as 10:30, así mesmo e de forma opcional a organización ofrece a posibilidade de apuntarse á comida que terá un prezo de 5 euros para os menores de 12 anos e de 10 euros para os adultos participantes. As inscricións, encargos e a consulta de máis información  poden levarse a cabo a través da páxina web carreirapopulardereis.jimdo.com.