Ofertas
A campaña que comezou o 10 de novembro consiste en realizar ofertas semanais nos 16 locais participantes. Durante o mes de novembro, cada semana os negocios realizarán ofertas en determinados artigos, marcas, seccións, servizos, etc. Dezaseis negocios de distintos sectores súmanse a esta campaña, participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, xogueterías e perruquerías, creando unha oferta de artigos do mais variado. Os locais participantes están identificados con carteis en forma de estrela nos que indican a Oferta Flash da semana. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar das promocións. Cada semana as ofertas irán cambiando.
O obxectivo perseguido con esta actividade de dinamización comercial é revitalizar as ventas no comercio local...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, oferta por primeira vez un curso sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra. O alumnado fará as prácticas nas instalacións da firma Astilleros del Eo, no municipio asturiano de Castropol.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explica que “froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, e a empresa Astilleros Gondan S.A., nace o curso de formación específica para futuros traballadores de Astilleros del Eo, especializado na fabricación de embarcacións de fibra. Dito curso será moi específico e permitirá ao alumnado adquirir unha serie de competencias en procesos de fabricación e mantemento deste tipo de embarcacións”.
Isidro Berdeal destaca que “o...
leer másAs axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo celebrarán este sábado, 9 de marzo, a presentación das súas principais propostas para este ano. O acto terá lugar no hotel Voar da vila ribadense ás 20:00 horas. O xerente das delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo e Burela, Pedro Fraga, sinala que na presentación participarán responsables das empresas Costa Cruceros, Politours e Mapatours, e haberá sorteos de agasallos e algunha sorpresa entre os asistentes.
Pedro Fraga anunciou hoxe que “este sábado 9 vai haber unha presentación, aproveitando que fixemos unha recente apertura en Ribadeo, concretamente no hipermercado Eroski, onde temos unha axencia nova de Eroski Viaxes. Imos facer a presentación de destinos especiais para este 2019 entre os que destacaría os viaxes en grupo, que son bastante coñecidos na zona. Son viaxes que teñen a...
leer másAcisa Ribadeo organiza un ano máis a Noite Cálida que se celebrará o 9 de agosto. Haberá concertos na rúa, espectáculo de Os Bolechas para os máis pequenos e pequenas e os 28 comercios participantes ofrecerán interesantes descontos ata as dez da noite.
O programa de actividades dará comezo ás 20:00 horas coa saída de Os Bolechas do parque San Francisco que percorrerán as rúas peonís para diversión dos máis pequenos. Desde a directiva de Acisa subliñan que “esta actividade chega a Ribadeo grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Substituímos así a entrega das tradicionais pulseiras flúor, por un espectáculo didáctico e divertido para os nenos e nenas”.
Durante a Noite Cálida en Ribadeo haberá diversas actuacións musicais que darán comezo ás 20:00 horas, na rúa Rosalía de Castro (esquina con Camilo Barcia Trelles...
leer más