A campaña que comezou o 10 de novembro consiste en realizar ofertas semanais nos 16 locais participantes. Durante o mes de novembro, cada semana os negocios realizarán ofertas en determinados artigos, marcas, seccións, servizos, etc. Dezaseis negocios de distintos sectores súmanse a esta campaña, participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, xogueterías e perruquerías, creando unha oferta de artigos do mais variado. Os locais participantes están identificados con carteis en forma de estrela nos que indican a Oferta Flash da semana. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar das promocións. Cada semana as ofertas irán cambiando.
O obxectivo perseguido con esta actividade de dinamización comercial é revitalizar as ventas no comercio local durante o mes de novembro, dar ós clientes unha boa alternativa con ofertas moi tentadoras, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables. Mercar no comercio de proximidade axuda a construír comunidade, dar vida á vila, contribúe a un entorno mais sostible e a unha experiencia de compra mais personalizada, iso é o que intentamos transmitir ós clientes.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.