Inmigración
O Foro Social da Mariña organiza unha mesa redonda sobre feminismo e inmigración en Viveiro. Será o 13 de xullo ás 20 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Nesta ocasión contarán coa presenza de con Lucía Oca González, antropóloga, docente e investigadora na USC, como moderadora da mesa redonda. Tamén, terá relatadoras especialistas en ambos temas como son Uxía Treitas Barrio, graduada en Belas Artes, do Observatorio da Mariña e Josehanna Ledesma, técnica de Accem no proxecto SINRACXEN (programa de sensibilización contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia asociadas).
“Nestes tempos de medranza dos discursos de odio, do maniqueísmo e do populismo, no que se están a cuestionar de xeito despectivo e agresivo valores e dereitos”, declaran dende o Foro Social da Mariña. E insisten en que...
leer másO Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade.
Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.
Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.
Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando...
leer másA Concellería de Inmigración e Cooperación do convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas con motivo da celebración o vindeiro 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
O obxectivo do certame de Debuxo-Pintura “é concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre a problemática da discriminación racial e a súa prevención”, segundo explica Angélica Gómez.
A edil socialista sinala que “no IV Certame de Debuxo-Pintura poden participar rapaces/as dende os 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroad@s no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante. Ademais haberá unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e de Eu...
leer más