Fóra Stocks
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fóra Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 6 ata o sábado 8 de Marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada “cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 por cento en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock, pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos”, destaca o CCH Viveiro, que engade: “para facelo máis rechamante unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen, se o tempo acompaña. A gran variedade de tendas que se suman a esta...
leer más