Galaxia
A Editorial Galaxia recibirá en Mondoñedo a distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 o día 28 de febreiro, venres.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “o venres 28, coincidindo co cuadraxésimo cuarto cabodano de Álvaro Cunqueiro, faráselle entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 á Editorial Galaxia, editora da maior parte das obras de Álvaro Cunqueiro, tales como Merlín e Familia, As crónicas do sochantre, O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca ou Os Outros Feirantes, entre outras. Será en Mondoñedo, no marco dos actos conmemorativos da efeméride do escritor”.
Os actos de conmemoración do cabodano de Cunqueiro comezarán ás 11:00 horas no Cemiterio Vello, onde terá lugar a Ofrenda Floral diante da tumba do autor. “Está previsto que asistan á mesma...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que o venres 28 de febreiro representantes da Editorial Galaxia recibirán a distinción á entidade como Cunqueiriana de Honra deste 2025. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas e a laudatio da entidade distinguida correrá a cargo de César Cunqueiro. Deste xeito a Editorial Galaxia converterase na novena proposta homenaxeada dende que se instituíu este galardón.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros ou entidades que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense. Neste 2025 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, quixo recoñecer con esta distinción o vencello...
leer más