Órrea

11/12/2024

A parroquia de Órrea, no concello de Riotorto, celebrará un evento para o acendido das luces do Nadal este domingo, día 15 de decembro, ás 18:00 horas no local social A Travesa.

Está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, que anuncia: “o día 15 a xunta directiva da asociación convídavos ao acendido das luces de Nadal, ás seis da tarde no local social. Haberá unha pequena merenda para todos os asistentes e sortearase unha cesta de Nadal, que será premiada ao gañador dun bingo ou recheo (gratis)”.

Etiquetas:
28/10/2024

A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un magosto este sábado, día 2 de novembro. Será desde as 20:00 horas no local social.

Haberá degustación de castañas, liscos e chourizos fritos. Os gastos cubriranse “seguindo o estilo de Ribadeo”, explica a organización, que tamén anuncia que para participar é necesario anotarse previamente no Whastapp 650.558.750. O prazo remata este mércores, 30 de outubro.