maiores de 60

30/09/2024

O Concello de Cervo pon en marcha outra edición máis do programa Arruguiñas, dirixido á poboación maior de 60 anos, que se desenvolverá desde outubro de 2024 ata xuño de 2025.

O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de outubro na Casa da Cultura e no Concello e seguirá aberto dependendo das prazas de cada actividade.

O Concello de Cervo destaca que “a iniciativa, que tivo moito éxito na primeira edición, artéllase sobre os seguintes piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; e como nova incorporación un taller de lingua de signos. Todas estas propostas compoñen unha iniciativa pensada para este grupo de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”.