EE DD
O Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.
“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.