Folclórico

23/08/2024

A XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro celebrarase o próximo 1 de setembro de 2024 ás 19:00 horas na praza de Santa María. 

O evento contará coa participación de dous grupos folclóricos destacados: Cantigas e Agarimos, procedente de Santiago de Compostela, e a Asociación Cultural Amado Lar, do propio Valadouro. 

Esta mostra é unha oportunidade única para gozar do mellor folclore galego nun ambiente festivo e cheo de tradición. O evento, organizado por Amado Lar, conta coa colaboración do Concello do Valadouro.

 

30/07/2024

O Concello de Cervo arrincará o mes de agosto co  Festival Folklórico Internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos o 2 e o 3 de agosto, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados de varios compoñentes de Mistura.

Así, o venres 2 de agosto, terá lugar o Festival Internacional que arrincará ás 20:00 horas coa participación do Grupo Folklórico  “Naz” (Kazajistan), a Compañía Nacional de México (da mestra Mari Nieves Panyagua), Grupos Coros y Danzas San Antón de la Peña La Zaranda (Murcia) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.

Xa o sábado, 3 de agosto, será a quenda dos máis pequenos/as; a...

leer más