Vilela
A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, celebrará un magosto con concurso de tortillas de pataca o día 2 de novembro, sábado.
A partir das 20:00 horas haberá degustación de castañas, torrezmos e as tortillas que se presenten ao concurso. A participación é aberta a todos os veciños de Vilela e haberá premios sorpresa para ó primeiro, segundo e terceiro posto.
Para asistir ao magosto a organización prega inscrición previa. O prezo é de 5 euros por persoa.
A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, acollerá unha representación teatral este domingo, día 27 de outubro. Será na Escola da Pena ás 18:00 horas.
A Compañía Solitaria do Doutor Monifate ofrecerá a obra titulada “Badman, un home malo”. É un monólogo de 50 minutos de duración para maiores de 16 anos.
Vilela, localidade da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra da Nosa Señora do Carme este sábado, 27 de xullo.
As actividades comezarán as 12:30 horas cunha procesión coas imaxes da Nosa Señora do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos, acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
Ás 15:00 horas terá lugar o terceiro xantar de irmandade Camiño Norte de Vilela e de 17:00 a 20:30 horas haberá festa para os nenos e nenas, con inchables, barredora, toro mecánico, etcétera.
Ás 18:00 horas volverá a actuar o dúo Belinda e haberá un sorteo sorpresa.
E rematará a xornada festiva cunha verbena amenizada polas orquestras La Travesía e Tokio.