A Devesa
O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acolle este venres, día 13 de decembro, ás 20:30 horas un concerto dos grupos musicais Lora Hace Pam e Kornucopia.
Lora Hace Pam e un grupo punk formado por músicos de Foz e Lugo, mentres que Kornucopia é unha formación ribadense de folk e rock
O prezo da entrada é de 10 euros, que se vende anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.
Este concerto está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e colabora o Círculo Habanero da Devesa.
O quinto Baile da Travesía, organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e MOV, terá lugar no Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, este venres, 14 de xuño, a partir das 20:30 horas.
Neste evento musical participarán grupos das asociacións ACM Arume, de Burela; AC A Chocolateira, da Pontenova, e Tarabeleir@s Amigos da Gaita, de Ribadeo.
Nesta actividade colabora o Círculo Habanero da Devesa e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.
Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).
Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.
O prezo da entrada é de 10 euros.
A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza o IV Baile da Travesía que se celebrará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, 19 de abril, a partir das 20:30 horas.
Actuarán os grupos Oreya y media, SCR Ledicia e Os pandereteiros do inferno.