Coidadores

04/11/2023

O Concello do Valadouro organiza desde o 9 de novembro un programa de apoio e formación para familiares que coidan dos seus maiores, denominado Coidarte.

Serán oito sesións totalmente de balde ata completar aforo (10 persoas coidadoras). Desenvolveranse os xoves de 16:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro.

Os organizadores explican que os participantes adquirirán coñecementos, técnicas e habilidades coas que desenvolver e mellorar o benestar e a calidade de vida da persoa maior, sen descoidar o benestar físico, emocional e social do coidador.

Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Valadouro ou contactar cos teléfonos 982.57.40.00 ou 644.032.222.