Tortillas

21/06/2024

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)e o Concello da Pontenova organizan a fogueira de San Xoán para este domingo, 23 de xuño, no Forno de Boulloso. O evento inclúe un concurso de tortillas.

As actividades empezarán ás 20:00 horas coa presentación das tortillas para o concurso e a elección das dúas mellores por parte dun xurado popular. E a partir das 21:00 horas degustaranse as tortillas, ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Ademais actuará a Asociación Musical A Chocolateira.

Etiquetas:
21/03/2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro celebrará este domingo, 26 de marzo, a tradición local do Día das Tortillas, previa á Semana de Paixón, e que tanto arraigo mantén en Viveiro.
 
Os organizadores explican que “durante a xornada na cima do monte San Roque os participantes poderán gozar das fermosas paisaxes do val e da ría de Viveiro, así como das explicacións do cronista oficial da cidade, Carlos Nuevo Cal, quen falará sobre as orixes da advocación ao santo de Montpellier e da súa relación coa peste e con outras pandemias. Igualmente, explicaranse distintas lendas e historias relacionadas co mar de Viveiro, fonte inesgotable de tradicións e cultura. Deseguido, xantaremos na Parrillada Mirador San Roque para degustar as típicas tortillas, un variado churrasco e sobremesa, no ambiente de confraternidade que nos caracteriza”.

... leer más