As Pontes
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o concello das Pontes para coñecermos a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica “Man a man”, continuará cun percorrido pola historia medieval deste concello e rematará coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado. Tras unha pausa para o xantar, reanudaranse as actividades da tarde achegando aos asistentes á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, o desprazamento realizarase en bus e reservarase o xantar polo que as interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación canto antes, con límite ata o 14 de setembro. Para anotarse enviarase un correo a...
leer más