Folleto
Mañá, 30 de xullo, en Rinlo celébrase un ano máis a súa renomeada Festa do Percebe. Uns 800 quilos serán ofrecidos dende o mediodía a un prezo popular de 15 euros a ración. A xornada estará amenizada por un grupo de música tradicional Con Faldas y a lo Loco, por Catuxa Salom, artista que fusiona música galega con ritmos tribais latinoamericanos, e por un dj.
Unha vez máis o Concello de Ribadeo colabora na organización deste importante evento con os/as mariscadores da Confradía de Ribadeo-Rinlo, e este ano por primeira vez a Concellaría de Turismo xunto coa Asociación de Veciños O Cantal instalará unha caseta onde se ofrecerá información turística sobre este pobo mariñeiro e o concello de Ribadeo en xeral.
Para a ocasión esta área acaba de lanzar un folleto monográfico sobre este porto histórico de orixe medieval...
leer más