SOGAMA
O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.
A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que "a charla do mes de decembro será o vindeiro martes 16 ás 8 da tarde no salón de actos da Casa do Concello. A charla deste mes consideramos oportuno facela sobre a reciclaxe, posto que é un mes no que se incrementa...
leer más