Xabóns
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), retoma as actividades coa organización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns que se desenvolverá este sábado, 23 de setembro, ás 17:00 horas. Será no centro social de Bravos.
Este obradoiro inclúe teoría audiovisual, elaboración de dous xabóns, documentación impresa e mostras para levar.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 10 euros e os que non o sexan terán que pagar 2 euros máis.
As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse a través do teléfono 661.86.65.52, preferiblemente por WhatsApp.
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabóns para o 4 de febreiro, sábado. Será de 17:00 a 20:00 horas na Escola do Vilar.
O aforo está limitado a 25 persoas e hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.418.902.
Esta actividade, que ten un prezo de 10 euros, inclúe teoría, materiais, a elaboración de dous xabóns, información impresa e mostra para levar.
A organización comenta que “o sábado 4 de febreiro pola tarde sacaremos os cacharros, as potas, a nosa culler de pau, mesturaremos compoñentes, faremos química e aderezaremos con plantas e follas que temos nos nosos campos. Queremos que veñades compartir con nós unha tarde agradable”.
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura (exterior e salón de actos).
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 982.558. 001 (ext. 2) e no Concello de Alfoz. As prazas son limitadas.
O Concello de Burela organiza un obradoiro de xabóns artesanais e medicinais, que se celebrará este venres, 18 de setembro. A actividade enmárcase na programación da Semana Europea da Mobilidade, que da comezo mañá.
O obradoiro está pensado para adultos e é gratuíto. Terá lugar na Praza de Abastos e desenvolverase de 17:00 a 20:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 647 136 673. O número de prazas é limitado e para participar é necesario estar empadroad@ no Concello burelés.
Neste obradoiro elaboraranse distintos tipos de xabóns de xeito tradicional, tanto para o uso cosmético como para o fogar. Farase unha introdución ás plantas medicinais e ás súas propiedades, como ingrediente para a elaboración dos xabóns. Traballaranse distintas técnicas de decoración e tinguido e...
leer más