Seguridade
A Garda Civil impartirá unha charla sobre seguridade cidadá en Mondoñedo o día 27 de novembro, mércores. Será ás 11:00 horas no Centro Sociocomunitario.
Esta charla forma parte do Plan Maior de Seguridade, que está dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores.
É unha actividade organizada pola Garda Civil e o Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Sociocomunitario.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).
O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas.
Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982120732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.
E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización,...
leer másAcisa presentou un novo vídeo promocional, dentro da campaña Ribadeo Seguro, no que salienta a calidade e seguridade dos establecementos asociados. A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende ademais axudar á promoción turística do concello no que resta de ano, apostando deste xeito pola desestacionalización.
O xerente da patronal ribadense, Jesús Pérez, declarou que “este novo vídeo amósalle á cidadanía a calidade dos nosos establecementos, así como o cumprimento estrito das normas, e fai un chamamento á confianza dos nosos clientes. É moi importante, agora que remata a tempada alta de turismo en Ribadeo, que desde Acisa teñamos dúas liñas de actuación neste senso. Por un lado, potenciar o turismo desestacionalizado, o de setembro e outubro, que ademais en Ribadeo sempre tivo unha grande presenza. E en segundo...
leer más