A Garda Civil impartirá unha charla sobre seguridade cidadá en Mondoñedo o 27 de novembro

A Garda Civil impartirá unha charla sobre seguridade cidadá en Mondoñedo o día 27 de novembro, mércores. Será ás 11:00 horas no Centro Sociocomunitario.

Esta charla forma parte do Plan Maior de Seguridade, que está dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores.

É unha actividade organizada pola Garda Civil e o Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Sociocomunitario.