Didáctico
O 23 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial.
Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no século XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.
Para asistir é necesaria inscrición previa no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) presentará en Ribadeo o vindeiro sábado, día 19 de xuño, o material didáctico elaborado no proxecto Erasmus+ titulado Un paso adelante, que levou a cabo en coordinación e coa participación de varios países europeos. Esas unidades abordan temas como o combustible, o vehículo eléctrico ou a condución autónoma.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “continuando coa serie de actividades que estamos facendo a través dos proxectos Erasmus+, o que leva máis tempo en activo é o titulado Un paso adelante, coordinado por unha entidade parecida á nosa de Eslovaquia e coa participación dun centro finlandés, outro de Chequia e outro de Eslovaquia. E este proxecto xa está a piques de rematar. No acto que imos celebrar, este sábado, 19 de xuño, ás once da mañá no local de Apaga, en...
leer másO grupo Arcos Iris ofrecerá un concerto este domingo, día 16, na Praza do Conde Santo, en Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “esta actuación está enmarcada dentro do programa do VII Festival Bal y Gay, que se celebra en varios concellos da Mariña. Será un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas do mundo. O punto de partida será Andalucía, pasando por Bos Aires, Brasil, América do Norte, Oceanía, Oriente Medio, Rusia e rematando en Europa. A actuación terá lugar ás 20 horas na Praza do Conde Santo”.