Futbolín
A Xunta de Galicia apoia a segunda edición do Campus mixto Futbolinlugo Burela Bonita, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo no campo da Marosa da citada localidade.
Trátase dunha iniciativa impulsada por Futbolinlugo, medio dixital especializado no fútbol lucense; está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos e contará con algúns dos mellores adestradores de Galicia e Asturias.
O campus desenvolverase en horario de mañá -de 09:30 a 14:00 horas-. Traballaranse aspectos técnicos e tácticos en grupos reducidos, e incluirá actividades na praia, torneos, xogos tecnolóxicos e diversas atraccións e propostas lúdicas.
O bar Goretti, de O Vicedo, acollerá este sábado, 11 de febreiro, pola tarde un torneo de futbolín organizado pola comisión de festas de Santo Estevo.
A organización anuncia que “será o sábado 11 de febreiro (hora por determinar en función dos equipos) e haberá premios para os primeiros e segundos clasificados. Correde anotarvos no teléfono 634.81.16.85”.
O prazo para inscribirse remata este xoves, día 9, e o prezo son 10 euros por parella.
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.
O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.
A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras...
leer más