Tardes

Etiquetas:
25/03/2021

En marcha está a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan nove locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.

José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.

Etiquetas:
15/11/2018

O vindeiro luns, día 19, arrinca unha nova tempada do programa Aquí?... coma de 20!  que o Concello de Ribadeo leva ás parroquias.  

A Área de Servizos Sociosanitarios pon en marcha unha nova edición, a sexta, destas tardes de lecer nas parroquias ribadenses. “As actividades están destinadas ás persoas que queiran compartir uns intres de lecer cos seus veciños e veciñas. Potenciaremos as relacións sociais e axudaremos a fortalecer as nosas memorias, motricidade, a participación activa na comunidade…”, explica Susana Álvarez, dinamizadora sociocultural do Concello. 

Haberá tardes de lecer os luns en Vilela, en Cinxe os martes, en Rinlo os mércores, en Cedofeita os xoves e en Santalla os venres. Será en horario de 16:00 a 18:00 horas. 
As tardes de lecer tamén se desenvolverán en Remourelle os luns, en...

leer más