Fest
Este venres e este sábado, 11 e 12 de outubro, celebrarase en Foz a Oktober Fest, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.
E engadiu que “o que queremos é dinamizar a hostalería local esas dúas xornadas e que a xente teña un aliciente para saír a dar unha volta e tomar algo”.
A Oktober Fest está organizada por...
leer másNa cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a hostalería local a véspera do Pilar e esa mesma xornada festiva, que coincide en sábado”.
A Oktober Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa segunda edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila esta vindeira fin de semana.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “mais de 15 establecementos asociados a Acisa ofrecen descontos especiais os días 26, 27 e 28 de xullo aos asistentes á segunda edición do Vendaval fest. Esta é unha nova actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis... con descontos que van dende o 5% ao 30 % a maiores do prezo de rebaixas nos comercios participantes, 2x1 en pizzas, prezos especiais en consumicións como cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”.
O xerente do colectivo empresarial...
leer másVolve a Lourenzá o Vilou Spring Fest, que nesta edición conta coas actuacións das orquestras Panorama e El Combo Dominicano. Será o 28 de marzo, día de Xoves Santo, no recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde estará instalada unha carpa de grandes dimensións.
Haberá sesión vermú desde as dúas da tarde cos DJs Billy e Dani Rego e a partir das 10 e media da noite celebrarase o festival cos mesmos DJS e as orquestras El Combo Dominicano e Panorama, que presenta a xira 2024.
O Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula veñen de anunciar o cartel da quinta edición do Callo Fest, que terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián o venres, 29 de decembro, e que contará con Abaixo Cu Sistema e Deleiba como principais atrativos musicais.
O festival naceu no ano 2017 co fin de unir música e gastronomía á hora de celebrar unha festa de pre-fin de ano para todos os membros da familia. Coa súa quinta edición convértese xa nun dos atractivos da comarca no Nadal.
Este ano contará baixo a carpa do epicentro sancibrense con catro actuacións de rock, metal e punk rock, que rematarán a noite cun dj que pinchará diferentes estilos musicais. Todo iso, como sempre, redondeado cunha ración de callos ao remate de todos os concertos.
O principal reclamo musical da cita...
leer másDo 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa que temos por diante. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esta ponte festiva na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo que seguimos a ter”.
O presidente de AciaFozCCA lembrou que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá...
leer másDo 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.
O presidente de AciaFozCCA dixo que “a nosa asociación participa na campaña do Bono...
leer másTres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.
Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.
O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.
Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca...
leer másViveiro acollerá o Viveiro Music Fest o 8 de abril de 2022 a partir das 23:00 horas, no campo de fútbol de Celeiro, organizado pola Asociación de Festexos A Medorra coa colaboración do Concello de Viveiro.
No programa do Viveiro Music Fest inclúese a primeira actuación da Gira 2022 da Orquestra Panorama e a homenaxe a Queen e Freddie Mercury de Remember Queen, que é o tributo oficial nº 1 en Europa, así como a actuación da discoteca móbil Decibelios.
As entradas están á venda. As anticipadas poden adquirise a través de ticketea.com ou nos puntos de venda física que a organización comunicará proximamente. Tamén se poderán comprar o mesmo día da actuación na taquilla, que abrirá ás 16:00 horas.
O Concello de Viveiro colabora coa organización deste festival, que terá lugar o Venres de...
leer másA terceira edición do Callo Fest encherá de música a vila de San Ciprián o venres, 27 de decembro.
O festival, que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos e con entrada libre, foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, concelleiros, e por varios dos membros da Asociación Amigos Da Troula, organizadora do festival, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita vense celebrando o último venres do ano desde 2017 co fin de despedilo a ritmo de rock.
Os concertos comezarán ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos de balde para todos os alí presentes.
O cartaz este ano está formado por Blow, unha banda que destaca pola súa versatilidade, pois fai versións de diferentes...
leer más