Ribadeo
O 29 de xullo terá lugar a quinta comida anual dos veciños da Regueira.
Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa quinta comida anual, que terá lugar o vindeiro 29 de xullo no restaurante Voar ás 14:30 horas.
O prezo da comida é de 40 euros. As tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 26 de xullo.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600 277 791), Paco Roibás (639 136 601) e Manolo Álvarez (649 979 036).
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que o tren turístico-cultural enxalza o enorme potencial que ten Ribadeo. A nova tempada, que comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro.
A edil ribadense declarou: “un ano máis presentamos o tren turístico que desde hai varias semanas percorre o ámbito urbano da nosa vila. Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado”.
Saiz dixo que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, porque visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso...
leer másA hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o VIII Ribadeo Indiano, que se celebra do 7 ao 9 de xullo. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 7 ao 9 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.
O xerente da asociación ribadense...
leer másXa está na rúa o sétimo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe, mércores, estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
En A Gaceta Ribadense, con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, poderán ler artigos elaborados especialmente para esta publicación por Manuel Silveira, Alberto Paraje Méndez, Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Patricia Pérez Leal, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Beni Mántaras. Atoparán tamén unha entrevista de Carmen Cruzado ao pregoeiro da festa, Santiago Jaureguizar, escritor e xornalista moi vinculado a Ribadeo, onde residiu durante a súa infancia e mocidade.
E...
leer másMañana, 5 de julio, reabre sus puertas el Hotel O Cabazo, de Ribadeo, tras la importante remodelación a la que han sido sometidas sus instalaciones en los últimos meses.
Del 2 de noviembre de 2022 al 14 de marzo de 2023 el Hotel O Cabazo permaneció cerrado y desde mediados de marzo hasta hoy ha estado trabajando para atender la demanda de sus clientes en 24 habitaciones.
Este conocido hotel ribadense, inaugurado hace 23 años, cuenta en la actualidad con 36 habitaciones, de las que el 50% disponen de terraza con vistas a la ría. Sus propietarios y gerentes explican que “esta ha sido una de las grandes apuestas de esta reforma”. Otras 14 habitaciones disponen de balcón y 4 están orientadas a la montaña. Todas, las 36, son exteriores por lo que el deleite para la vista está garantizado.
...
leer másA AECC de Ribadeo abre, desde o pasado 28 de xuño, todos os mércores do verán o seu rastriño solidario.
Está situado no nº 28 da rúa Deputación e o horario de atención ao público será de 10:30 a 14:00 horas.
As concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron á apertura da exposición de arte cubano contemporáneo Bitácora Incompleta, de Ricardo Miguel Hernández e Yunior Aguiar Perdomo, que se pode visitar ata o 9 de xullo en horario de 19:30 a 21 horas na casa indiana de Don Gonzalo Bedoya, no nº 12 da rúa San Roque.
Foron moitas as ribadenses e os ribadenses que se achegaron ata alí para gozar da beleza desa casa indiana e da mostra que alberga. E tiveron a oportunidade de departir cos seus protagonistas e con Ernesto Cruzado Estévez, o curador.
Bitácora Incompleta enmárcase na programación do Ribadeo Indiano 2023.
Para o vindeiro sábado, 8 de xullo, o colectivo Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polas igrexas do municipio focego. A saída será ás 9 da mañá desde diante da Casa do Concello.
O prezo desta actividade é de 5 euros para os socios non federados mentres que para os federados é gratis.
O prazo para anotarse remata o venres 7 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores explican que é unha ruta “por una parte del patrimonio religioso de nuestro municipio: pasaremos por la capilla de San Blas, Basílica...
leer másPresentado o programa do VIII Ribadeo Indiano, que inclúe charlas, visitas teatralizadas, obradoiros de baile, os haigas, o mercado de produtos de ultramar, o mercado da horta, xincana ou verbenas. Do 7 ao 9 de xullo desenvolverase un amplo abano de actividades para todos os públicos co obxectivo de render homenaxe á emigración.
O alcalde, Daniel Vega, declarou que “comezou a conta atrás do VIII Ribadeo Indiano, que ven quentando motores durante todo este mes de xuño, con varios obradoiros e coa inauguración onte na casa indiana de Don Gonzalo de Bedoya dunha exposición de arte cubano contemporáneo. E hoxe teremos tamén unha charla relacionada con esta mostra”.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a partires de aquí a vindeira semana engalanaremos, como se merece, a nosa vila para a celebración do 7...
leer más