Presentadas na Deputación de Lugo as Feiras do Libro que se celebrarán en agosto en Viveiro, en Foz e en Monforte.

Presentadas na Deputación de Lugo as Feiras do Libro que se celebrarán en agosto en Viveiro, en Foz e en Monforte.
 
O reponsable de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, participou na presentación das Feiras do Libro que se desenvolverán neste 2016 na provincia de Lugo. No acto, que se celebrou nos xardíns do Pazo de San Marcos, tamén estivo presente a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, colectivo que se encarga de organizar estas feiras, xunto con Carlos Coira, Presidente da Asociación de Libreiros de Lugo. 
 
Ferreiro salientou que un ano máis, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Federación de Librarías de Galicia para organizar catro feiras do libro na provincia de Lugo, sendo a primeira a da Lugo, que xa se desenvolveu no mes de maio, e posteriormente as de Viveiro, Foz e Monforte, que se celebrarán as tres consecutivamente no mes de agosto”, apuntou. 
 
O responsable de Cultura da Deputación referiuse tamén ao apoio á Asociación de Libreiros de Lugo, unha colaboración posta en marcha neste ano 2016 desde a Área de Cultura, para "tratar de incentivar a asistencia ás Feiras con actividades de dinamización das mesas máis atractivas e suxerentes para o público. Así, ademáis das habituais presentacións de libros, haberá outras actividades dentro destas tres Feiras do Libro, similares ás que xa houbo na Feira do Libro de Lugo, consitentes en contacontos, animación á lectura ou monólogos, tanto para público infantil como adulto" explicou.