Pensamento e Sementeira programa un ciclo de cine de humor en Viveiro. Será os días 11, 18 e 25 de novembro.

Pensamento e Sementeira programa un ciclo de cine de humor en Viveiro. Será os días 11, 18 e 25 de novembro.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira programou a proxección de tres películas dentro dun ciclo de cine de humor que se desenvolverá en Viveiro os mércores 11, 18 e 25 deste mes de novembro.
 
"Quai D´Orsay" (Crónicas diplomáticas) de B. Tavernier, "Mon oncle" (O meu tío) de J. Tati e "Modern times" (Tempos modernos ) de Chaplin, serán os tres filmes que se poderán ver en Viveiro en versión orixinal, formato blu ray e en pantalla grande. As sesións, con entrada libre ata completar o aforo, serán como noutras ocasións no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro e darán comezo ás 20 horas.
 
Esta actividade conta coa colaboración da Federación Galega de Cineclubes, da que forman parte o colectivo viveirés e tamén do Concello de Viveiro.