Os Sendeiros de Foz realizarán a ruta da Cubela, en Ribas de Sil, o vindeiro 4 de outubro.

Os Sendeiros de Foz realizarán a ruta da Cubela, en Ribas de Sil, o vindeiro 4 de outubro.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es 
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San Froilán de Lugo.