Ollomao inicia en Barreiros un novo curso de "A Lanterna Máxica", un obradoiro de literatura, teatro e cinema para a participación infantil e xuvenil.

Ollomao inicia en Barreiros un novo curso de "A Lanterna Máxica", un obradoiro de literatura, teatro e cinema para a participación infantil e xuvenil.
 
Este domingo, 23 de outubro, ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión gratuíta para coñecer o obradoiro.
 
Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.
 
Esta actividade está pensada para que as nenas e nenos por medio do xogo coñezan e comprendan textos literarios galegos e o contexto dos mesmos, para tamén para que por medio do xogo aprender a interpretalos e finalmente adentrarse no mundo do audiovisual sendo protagonistas dunha historia. A idade mínima recomendable para a participación é de 6 anos podendo valorarse outras idades. A idade máxima recomendada é de 18 anos, xa que de producirse unha alta participación, valorarase a creación de dous grupos diferenciados por idade (infantil e xuvenil).
 
Tras varias edicións de teatro infantil, “A Lanterna Máxica” púxose en marcha en Barreiros durante o primeiro semestre do 2015, obradoiro que deu como resultado a película “Na procura dun filme”. Nesta, tanto a realización do guión como das personaxes e a propia interpretación foi obra das nenas e nenos participantes. Esta película está dispoñible en Youtube na ligazón: https://youtu.be/alGXrUGojv8
 
“A Lanterna Máxica” será presentada de novo este domingo 23 de outubro ás 16:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Posteriormente haberá unha sesión de portas abertas á que poden quedar todas as nenas e nenos que desexen coñecer a actividade, tanto de Barreiros como de outros concellos. Só no caso de asistir ás vindeiras sesións, dúas por mes dunha duración de tres horas cada unha, procede o abono do cota mensual de 10€ por participante filla/o de socia/o ou 15€ para non socias/os, non debendo abonar ningún coste no caso de asistir únicamente á sesión de proba deste domingo.
 
Para asistir á primeira clase de “A Lanterna Máxica” non é preciso inscribirse previamente, máis en calquera caso dende Ollomao agradécese coñecer a intención daquelas nenas e nenos que desexen asistir para ter unha previsión da participación.
 
Para máis información, dende o colectivo barreirense habilitan dúas canles de contacto, unha por medio telefónico no número 650542932 (Tamara). Para coñecer o proxecto de “A Lanterna Máxica” pode consultarse a páxina de Facebook https://www.facebook.com/alanternamaxica, ou contactar con Rubén no teléfono 620782381.