A Delegación de Educación do Concello de Cervo promove a elaboración de beléns de plastilina por parte dos nenos e nenas do municipio. Faranse este sábado, día 3, na Casa da Cultura, en San Ciprián, e o domingo, día 4, na Casa do Concello de Cervo. Nos dous casos esta actividade levarase a cabo ás 12 do mediodía.
A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, reuniuse con representantes das asociacións de nais e pais do colexio Cervo Nº 1, de San Ciprián, e do de Cervo, María José García González e Marcial Fernández Bellón, respectivamente, para que colaboren na promoción desta actividade informando ás familias das nenas e nenos sobre a súa celebración para que se animen a participar. Ademais as follas de inscrición para apuntarse nesta iniciativa foron repartidas nos dous centros educativos.