O 5 de febreiro dará comezo a programación do Entroido 2016 en Xove. Será co festival da Escola Infantil.

O 5 de febreiro dará comezo a programación do Entroido 2016 en Xove. Será co festival da Escola Infantil.
 
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
   -16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz.
   -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
   -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas,  e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.
   -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
   A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
 
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ANTROIDO 2016" EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
      -O mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
 
O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
 
PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
 
PREMIOS COLECTIVOS
Carrozas.
1º premio: 450 euros
2º premio: 250 euros
3º premio: 150 euros
3º premio: 150 euros
 
Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 125 euros
3º premio: 125 euros
 
Grupos de 3 a 9 persoas
1º premio: 110 euros
2º premio: 80 euros
3º premio: 50 euros
3º premio: 50 euros
 
Parellas adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros
3º premio: 40 euros
 
Parellas infantís (menores de 14 anos)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros
3º premio: 40 euros
 
PREMIOS  INDIVIDUAIS
Individuais adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio: 30 euros
3º premio: 30 euros
 
Individuais infantís (menores de 14 anos)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio: 30 euros
3º premio: 30 euros
 
Ademáis deste premios, o Concello estableceu catro premios máis:
-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.
-Premio ao participante máis maior: 30 euros.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.
-Premio ao  participante máis novo, que  recibirá un agasallo.
 
As Bases e a Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.
 
Para rematar, a Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  programaron o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA”, que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:00 h. Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro.