O luns, 13 de xuño, celébrase a VIII edición da Romaría de San Antonio da Rigueira no concello de Xove.
Tod@s aqueles que queiran gañar a Ventura do San Antonio da Rigueira poderán completar calquera das oito rutas dos muíños habilitadas para o efecto ao longo de todo o concello de Xove. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar a recepción dos romeiros/as na carpa do Concello e a entrega da Ventura 2016 e da flor de San Antonio, un lirio branco.
Despois de oito anos de ter iniciada a recuperación desta Romaría de San Antonio da Rigueira desde o Concello de Xove espérase unha grande afluencia de público este ano con arredor de duascentas persoas, e a pesares de coincidir o día en xornada laborable.