A XXXIV Feira do Bonito de Burela, coa que colabora a Deputación de Lugo, servirá máis de 5.000 racións o 4 de agosto.

O Executivo Provincial colabora coa XXXIV Feira do Bonito de Burela, que comeza este xoves e prolongaraseata o domingo.Ao longo da fin de semana, serviranse máis de 3.500 quilos de bonito, repartido en preto de 5.000 racións. Ademais da Feira do Bonito esta fin de semana terán lugar outros dous eventos importantes en Burela como son o II Certame de Pintura Mural AMARTE, que está incluído na programación da mesma feira, e a 16ª Feira Produart. O Goberno da Deputación destina 21.000 para colaborar con estes tres eventos.

Dende o xoves 2 e ata o domingo 5, na vila de Burela terán lugar máis dunha decena de actividades distintas a través das que se dará a coñecer a gastronomía do Concello, por medio do principal recurso pesqueiro e económico desta, á vez que reunirá varios milleiros de visitantes, dinamizando a economía e actuando coma un importante reclamo turístico. Ademais das actividades gastronómicas, a feira incluirá actividades culturais, deportivas, musicais e infantís. O pregoeiro desta edición da feira será o ex xogador de baloncesto Fernando Romay. 

O día 4 de agosto, día central desta feira,espérase servir preto de 3.500 quilos de bonito. Os comensais poderán elixir entre a ración clásica de bonito á grella, en empanada ou cocido,cun prezo de oito euros; unha tapa de salpicón, que custará 2 euros;  ou unha ración de marmitako, que terá un prezo de 4 euros. 

II Certame de Pintura Mural AMARTE 
Nesta mesma fin de semana, Burela acollerá a segunda edición deste certame, no que 10 artistas seleccionados entre 33 participantes, plasmarán a súa obra no muro do porto da vila, converténdoo nunha vistosa mostra cultural e nun reclamo para a vila.  Entre os 10 seleccionados para inmortalizar a súa obra, entre os días 2 e 5, as súas obrasatópanse 5 lucenses, outros 3 artistas galegos, un madrileño e un navarro. 

Produart
Nas mesmas datas, o porto de Burela acollerá unha terceira citade grande importancia como é a 16ª edición de Produart, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que reunirá máis de 50 artesáns de todo tipo. O Executivo Provincial patrocina tamén esta cita cun investimento de 5.000.Esta feira será de acceso completamente gratuíto para todos os que desexen achegarse.

Programación da Feira do Bonito 
Nesta XXXIV edición, a Feira do Bonito de Burela, incluirá máis de 10 actividades diferentes, entre as que se inclúe o certame AMARTE. O programa completo é o seguinte: 

Xoves 2 ao domingo 5: 
II Certame internacional de pintura mural AMARTE, que organiza a Delegación de Cultura do Concello de Burela.

Xoves 2 ao sábado 4: 
Mostra de cine ULTRAMAR no salón de actos da Confraría de Pescadores, organiza Raso Estudio. 

Venres 3 ao sábado 4: 
I Torneo 3x3 Feira do Bonito, na Praza da Mariña, organiza Club de Baloncesto Burela e Concello de Burela. A entrega de premios, que será a cargo de Fernando Romay, será o sábado as 18:00 horas. 

Sábado 4: 
-Ás 12 horas: Pasarrúas a cargo de A Charanga Mekánica. 
-Ás 13:30 horas: Recepción de autoridades e convidados no barco-museo “Reina del Carmen” e recoñecemento da bandeira Azul. Presentación da Feira do Bonito e nomeamento do asador Maior.
-Ás 14:00 horas: Pregón a cargo de Fernando Romay. Ao remate, apertura da degustación Gastronómica. 
-Ás 17:30 horas: Xogos e actividades infantís. 
-Ás 21:00 horas: Presentación do festival Osa do Mar 2018 e concertos de Os Amigos dos Músicos e Korrontzi

Domingo 5 de agosto
-Ás 11:00 horas: Entrega de premios do certame de pintura mural AMARTE. 
-Ás 13:00 horas: Sesión vermú con Superglu e degustación de marmitako de bonito.