A XVII Feira de Antigüidades e Artesanía de A Pontenova será do 6 ao 8 de decembro

A décimo sétima edición da Feira de Antigüidades e Artesanía de A Pontenova celebrarase desde o venres 6 ata o domingo 8 de decembro. Estará aberta ao público o venres e o sábado 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas, pero o domingo pechará ás 20:00.

De maneira paralela a este evento tamén se celebrará na Pontenova a oitava Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos.