A XVI edición da Festa do Polbo da Pedra, que se vai desenvolver pasado o 13 de abril, Xoves Santo, en Xove foi presentada polo alcalde, Demetrio Salgueiro, o presidente da ACIAM de Xove, Juan Carlos López, e por outro membro da organización Miguel Gómez.
Serán 1.500 quilos de polbo os que se sirvan a partir das sete da tarde nos locais hostaleiros participantes: son: Cafetería A Roda, Pizzería A Fuga, O Refugio, Club Palmeiro, Pulpería-Bar Cociña, Cafetería Centro Cívico, O Cabaliño, e Pizzería Onde Sempre.
Desde a organización invitan “a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica”.