Esta mañá foron sorteados os 15 desexos da campaña de Nadal de AciaFozCCA, que repartiu 1.500 euros en vales de compra.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Os números agraciados con 100 euros en vales de compra cada un e os establcementos nos que foron distribuídos son os seguintes: 18455 Maasaude; 17813 Xoguetería Bahía; 15073 Xanela; 16005 Cenor; 1871 Estanco N2; 11923 Carnicería Mercedes; 27156 System; 5844 Dermoterapia; 7041 Unique-2; 2255 Decoraciones Pura; 13284 Librería Ofifoz; 10806 Xoguetería Bahía; 10398 Alain Afflelou Óptico; 249 Pastelería Anduriña; e 17948 Xoguetería Bahía.
Os premiados deberán chamar ao teléfono da asociación 982 132 751 para confirmar que están en posesión dos boletos afortunados.
Concurso de escaparates
Tamén hoxe se coñeceron os nomes dos establecementos gañadores do concurso de escaparates organizado por AciaFozCCA. O 1º premio recaeu en Hedra; o 2º foi para Librería Ofifoz e Electricidad Núñez; e o 3º premio para Centro Dietético Alba Vila e Antigüedades Álvarez.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita “a todas as persoas afortunadas cos 15 desexos que puxemos en xogo na nosa campaña de Nadal. Sempre o dicimos: o comercio fai pobo e queremos agradecer a fidelidade e o apoio ao comercio local nestas pasadas festas e sempre”. E engadiu: “queremos felicitar aos establecementos gañadores do concurso de escaparates. Sempre hai moito traballo detrás e cada ano hai máis implicación e esmero, por iso é difícil elixir aos gañadores. De feito nesta edición houbo dobre empate no segundo e no terceiro premio e hai cinco locais premiados”.