As seleccións de España e Finlandia de fútbol sala feminino sub-19 enfrontaranse en Viveiro o 2 de abril

O Concello de Viveiro patrocina o partido amigable de fútbol sala feminino sub-19 que se disputará entre España e Finlandia o día 2 de abril, mércores, ás 20:00 horas no pavillón municipal viveirense.

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, participou na presentación deste evento xunto ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Julio Mougan.

A rexedora destaca: “é unha honra para nós patrocinar este partido, que converterá á nosa vila no epicentro do fútbol sala feminino. Ademais a entrada e gratuíta, polo que toda a veciñanza poderá desfrutar del sen impedimento”.

O Concello de Viveiro explica que o patrocinio aprobado ten un importe de 2.000 euros máis IVE e servirá para sufragar gastos de publicidade, catering, avituallamento, ambulancia, transporte, pernoita ou recursos humanos.