San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebra as festas de San Rosendo desde o día 1 ata o 3 de marzo. Serán na Praza da Igrexa, onde se instalará unha carpa.
As actividades empezarán o venres 1 ás 20:00 horas con degustación gratuíta de tapas elaboradas con carne de poldro nos bares de San Miguel.
O sábado 2 ás 13:00 horas haberá misa con procesión; e a continuación actuará a sección infantil da agrupación folclórica O Arco da Vella, seguida de sesión vermú amenizada pola orquestra Solara. Ás 17:00 horas disputarase o segundo trofeo de fútbol San Rosendo, que enfrontará ao Iberia co Pastoricense no campo de As Valgas. A partir das 20:00 horas haberá unha nova degustación gratuíta de tapas elaboradas con carne de poldro nos bares de San Miguel. E rematará a xornada festiva con verbena, na que actuarán as orquestras Solara e Gran Parada.
E o domingo haberá feiras de gando e de artesanía, con concursos e carreiras de cabalos de pura raza galega e xogos ecuestres, nos que se repartirán 3.500 euros en premios. Tamén se celebrará misa solemne con procesión, ás 13:00 horas, e a continuación haberá pasarrúas dos cabezudos acompañados pola agrupación folclórica O Arco da Vella. Despois actuará o grupo folk Faíscas da Pontraga.