Este sábado, día 23 de novembro, na Casa de Cultura do Valadouro ás 19:00 horas terá lugar a representación da obra O auto do Castromil, de Manuel María, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. A entrada é de balde.
O Concello do Valadouro explica que “esta peza acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espírito antroidesco”.
A obra O auto de Castromil está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.