En Foz foi presentada a 8ª Festa Afrodisíaca que organiza o Centro Comercial Aberto. No acto participaron Ángeles Casas, de Amarena, e Ramón Río, vocal de Acia/CCA e propietario de Anduriña.
Do 11 ao 14 de febreiro os doces afrodisíacos elaborados por Amarena, Anduriña e Xoyma serán os protagonistas en Foz. E os días 16 e 17 haberá tapas afrodisíacas nos locais hostaleiros da localidade. Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros.
O Centro Comercial Aberto de Foz celebra deste xeito o día de San Valentín e ademais sorteará 5 ceas, para dúas persoas cada unha, na campaña que se desenvolve do 7 ao 14 de febreiro. Aquelas persoas que realicen as súas compras destas datas nos establecementos asociados ao CCA focense participarán en dito sorteo, que se realizará o 20 de febreiro a partir das 13:00 horas a través de Radio Foz.