Este sábado, 25 de maio, na praza de abastos de Viveiro celebrarase o Día Internacional dos Mercados baixo o lema “Quere o teu mercado”.
Haberá demostracións de coctelería con Domingo González, de Temple Cocktail Bar e Marcelo Bartender, de Tiki Bora Bora. Ademais terá lugar un showcooking con Víctor Valenzuela, do restaurante O Muro e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro. Durante a xornada actuará o grupo Pindusa de Bágoas da Terra e haberá amenización con d´j.
Tamén haberá actividades para os máis pequenos con Eureka, sobre a pirámide alimentaria, a pesca e a elaboración dunha mazá de globoflexia.
Organiza esta xornada o Concello de Viveiro coa colaboración de Bágoas da Terra, Hotel Urban Viveiro, Restaurante O Muro, Temple Cocktail e Tiki Bora Bora.