Nel participan as entidades que organizan as distintas carreiras que se celebran en Barreiros, o Concello e a Vicepresidencia da Deputación, que cofinancia o circuíto.
A Carreira de Reis, Terra Mar, Ao son do Masma, Trail Comado. ½ Vertical e Carreira das Praias conforman o evento presentado por representantes das organizacións, do Concello e a deputada Mónica Freire.
Crear este circuíto é un xeito de darlle empaque xeral a todas as carreiras do municipio, que son un dos mellores escaparates para coñecelo; xa que percorren dende as nosas praias ata os nosos montes
durante todo o ano.
O Sistema de puntuación será sinxelo no que se valorará a regularidade.
Cada carreira contará co seu propio espazo web dentro dunha web do circuíto na que se poderá consultar o regulamento.
Para puntuar será necesario realizar como mínimo 4 das 6 probas que compoñen o circuíto e ao inscribirse nunha das dúas primeiras carreiras xa se inscribe automaticamente no circuíto.
A primeira das probas do Circuito +Kms Barreiros, será a Carreira Popular Solidaria de Reis que organiza o Concello de Barreiros en colaboración, nesta edición, coa Asociación Deportiva Augas Santas.
O 30% do recadado nas inscricións será doado à Fundación Xesús Bal y Gay para o seu proxecto socioeducativo "Sinfónico no Rural” que desenvolve en Barreiros durante este curso.
A proba tamén contará cunha andaina de 5 ou 10 Kms na cal a inscrición tamén se destinará a fins socioeducativos.
A inscrición está aberta na www.championchipnorte.com e nos vindeiros días estará dispoñible a web do evento www.maiskmsbareiros.gal