A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a praia de Pantín ao faro da Frouxeira en Valdoviño, que terá lugar este sábado, 11 de maio.
A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os non socios, e inclúe autobús, comida e máis seguro.
Para participar é imprescindible anotarse, e pode facerse en Gráficas Arfe ou chamando ao número de teléfono 982 580 504 antes do xoves, 9 de maio, ás 20:00 horas.
A ruta ten unha lonxitude de 11 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.